A ILLA DE BERGMAN / BERGMAN ISLAND (2021)

DATOS BÁSICOS

SECCIÓN OFICIAL EUROPEA 

Mia Hansen-Løve

Francia, Bélxica, Suecia, Alemaña, México, Brasil / 112 min / Ficción / Inglés, francés, sueco

Ficha artística

Tim Roth, Mia Wasikowska, Vicky Krieps, Anders Danielsen Lie, Joel Spira, Wouter Hendrickx, Gabe Klinger, Teodor Abreu, Clara Strauch, Oscar Reis

Ficha técnica

Guión: Mia Hansen-Løve

Fotografía: Denis Lenoir

Edición: Marion Monnier

Produción: Charles Gillibert, Erik Hemmendorff, Rodrigo Teixeira, Lisa Widén

Durante un verán, unha parella de cineastas instálase na illa sueca de Farö, onde viviu Bergman na procura de inspiración para escribir os seus filmes. Segundo avanza o verán e aumenta a súa fascinación polas misteriosas paisaxes da illa, a fronteira entre realidade e ficción non tardará en esfumarse.

Mia Hansen-Løve

(París, Francia, 1981)

Directora, escritora e ex actriz francesa. O seu filme Le père de mes enfants gañou o premio especial do xurado na sección Un Certain Regard no Festival de Cinema de Cannes do 2009. En 2016, gañou o Oso de Prata á mellor dirección por L’Avenir no Festival de Berlín. Un amour de jeunesse (2011), Eden (2014) e Maya (2018) son outros dos seus títulos.

Duración: 
112 MIN
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Zona C. Punto de Información Cultural: de martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Domingos de 11 a 14 h. Tel.: 981 542 462
  • Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai proxección fóra deste horario, o despacho de billetes abre media hora antes do inicio). Tel.: 981 542 349
  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14 h e de 16 a 20.30 h. Martes de 16 a 20.30 h. (Se hai proxección fóra deste horario, o despacho de billetes abre 10 minutos antes do inicio)
  • Multicines Compostela: desde as 17.00 h ata a hora de inicio do último filme. (Se hai proxección fóra deste horario, o despacho de billetes abre media hora antes do inicio).
  • Auditorio de Galicia e Museo das Peregrinacións: desde media hora antes do inicio de cada proxección.

 

PRÉGASE O USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Mércores, 17 Novembro, 2021
21:45
Teatro Principal
Domingo, 21 Novembro, 2021
20:30
Salón Teatro