SECCIÓN OFICIAL EUROPEA
Mia Hansen-Løve
Francia, Bélxica, Suecia, Alemaña, México, Brasil / 112 min / Ficción / Inglés, francés, sueco
Ficha artística
Tim Roth, Mia Wasikowska, Vicky Krieps, Anders Danielsen Lie, Joel Spira, Wouter Hendrickx, Gabe Klinger, Teodor Abreu, Clara Strauch, Oscar Reis
Ficha técnica
Guión: Mia Hansen-Løve
Fotografía: Denis Lenoir
Edición: Marion Monnier
Produción: Charles Gillibert, Erik Hemmendorff, Rodrigo Teixeira, Lisa Widén
Durante un verán, unha parella de cineastas instálase na illa sueca de Farö, onde viviu Bergman na procura de inspiración para escribir os seus filmes. Segundo avanza o verán e aumenta a súa fascinación polas misteriosas paisaxes da illa, a fronteira entre realidade e ficción non tardará en esfumarse.
Mia Hansen-Løve
(París, Francia, 1981)
Directora, escritora e ex actriz francesa. O seu filme Le père de mes enfants gañou o premio especial do xurado na sección Un Certain Regard no Festival de Cinema de Cannes do 2009. En 2016, gañou o Oso de Prata á mellor dirección por L’Avenir no Festival de Berlín. Un amour de jeunesse (2011), Eden (2014) e Maya (2018) son outros dos seus títulos.