II FESTIVAL DE POESÍA 'ALGUÉN QUE RESPIRA!'

DATOS BÁSICOS

Alguén que respira!, o Festival de Poesía para Corpo Principal que impulsa a Concellería de Cultura de Compostela, celebra a súa segunda edición entre o 21 e o 23 de marzo. O programa, caracterizado pola ambición, a calidade e a variedade, pretende xuntar a algunhas das máis escintilantes propostas poéticas da creación contemporánea. Tres días intensos, con máis de cincuenta poetas de varias nacionalidades e idiomas expoñendo ante os afeccionados as súas propostas, que converten o respira! (como xa se lle coñece popularmente) nun dos mais importates festivais de poesía que se celebran na península.

A novidade desta segunda edición é, sen dúbida, a aposta pola produción propia, o cal supón a estrea de case unha decena de espectáculos, moitos deles encargos do propio festival. Non se trata unicamente de producións impulsadas por poetas senón que se abrangue unha variada tipoloxía de creadores. Ademais da estrea de Ana Romaní e Chus Silva co seu 2%. Un recital para esquecer, o respira! presenta as producións de García MC e LAR Legido, Rabudas e Nuria Vil, Mónica Caamaño, Afonso Traficante, Alfredo Rodríguez, Silvia Penas e Félix Fernández, unidos pola magnética da poesía. Poetas, instrumentistas, compositores e compositoras, actores, actrices, performers ou videocreadoras ofrecénnos os seus traballos de hibridación artística, indagando en linguaxes propias e alleas, arriscándose coa palabra ou co silencio, co ruído ou coa voz, pero sempre en contacto coa indicible condición de asombro e estrañeza que contén a poesía.

O encargado de realizar este ano o Manifesto do Día Mundial do teatro foi Xosé Luís Méndez Ferrín [Ourense, 1938], referente da poesía e da narrativa galegas contemporáneas e representante dunha liña de acción na que a gura cultural se encerna na actuación política. A lectura do manifesto terá lugar no teatro Principal a partir das 20.30 horas do día 21, nun recital inaugural onde tamén se poderán escoitar as voces de de Luz Pozo Garza, Golgona Anghel, José Luis Piquero, Pilar Pallarés ou Estevo Creus, entre outros.

TODA A INFORMACIÓN na web do festival: Alguén que respira!

Información da billeteira: 

As entradas son gratuitas ata completar aforo, previa retirada de invitacións que se poderán retirar dende o día 19 de marzo, na billeteira do Teatro Principal no horario de 18:00 a 21:00 h de martes a sábado.
A entrada da actividade “Atravesei a cerca” [día 23 ás 19:00 h] deberá canxearse na taquilla 20 minutos antes de comezar a actividade.

Funcións: 
Xoves, 21 Marzo, 2019 a Sábado, 23 Marzo, 2019
Teatro Principal

UBICACIÓN

Compostela Capital Cultural