I WANT TO TALK ABOUT DURAS/ VOUS NE DESIREZ QUE MOI (2021)

DATOS BÁSICOS

SECCIÓN OFICIAL EUROPEA 

Claire Simon

Francia / 95 min / Ficción / Francés

Ficha artística

Swann Arlaud, Emmanuelle Devos 

Ficha técnica

Guión: Claire Simon  

Fotografía: Céline Bozon      

Edición: Julien Lacheray

Produción: François d'Artemare

Un home que mantén unha apaixonada relación cunha soada escritora 30 anos maior que el necesita falar. Está fascinado por ela e, con todo, sente que non pode seguir adiante. Nun intento de poñer en palabras a intensidade do seu amor, ábrese e descríbeo con gran claridade.

Claire Simon

(Londres, 1955)

En 1997 dirixiu a súa primeira longametraxe de ficción, Sinon, oui, á que seguiron Ça brûle (2006), Les bureaux de Dieu (2008), e Gare du Nord (2013), que competiu en Locarno. Tamén realizou documentais como Le bois dont les rêves sont faits (2015), gañadora do premio ao mellor documental en Xixón, Le concours (2016), que foi proxectada en Venecia, ou Premières solitudes (2018), que foi estreada no Festival de Berlín.

 

— Sección Oficial do Festival de San Sebastián 2021

Duración: 
95 MIN
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Zona C. Punto de Información Cultural: de martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Domingos de 11 a 14 h. Tel.: 981 542 462
  • Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai proxección fóra deste horario, o despacho de billetes abre media hora antes do inicio). Tel.: 981 542 349
  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14 h e de 16 a 20.30 h. Martes de 16 a 20.30 h. (Se hai proxección fóra deste horario, o despacho de billetes abre 10 minutos antes do inicio)
  • Multicines Compostela: desde as 17.00 h ata a hora de inicio do último filme. (Se hai proxección fóra deste horario, o despacho de billetes abre media hora antes do inicio).
  • Auditorio de Galicia e Museo das Peregrinacións: desde media hora antes do inicio de cada proxección.

 

PRÉGASE O USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Mércores, 10 Novembro, 2021
22:00
Salón Teatro
Mércores, 17 Novembro, 2021
17:30
Teatro Principal