HOMENAXE A CLAUDIO GUERÍN HILL

DATOS BÁSICOS

Na última edición do festival de Cinema Curtocircuito, que organiza o Concello de Santiago de Compostela en colaboración coa Deputación da Coruña, o AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais) e a ICAA Instituto de la Cinematografía y de las Artes Audiovisuales, recuperouse unha peza rodada en 1967 por Claudio Guerín Hill para o programa 'Conozca usted España' da TVE.  E agora cando, en colaboración co Cineclube de Compostela, teremos de novo a oportunidade de revisitar este documental que se convertiu durante uns días en 'viral' en Compostela.

Serán tres días para homenaxear a Claudio Guerín, que rematarán o sábado 15 no Teatro Principal de Santiago coa proxección de tres documentais que serán presentados por Ezequiel Méndez Vidal (Santiago, 1941) quen fora fundador do primeiro Cine-Club Universitario de Santiago de Compostela.

___

Mércores 12 ás 21.30 h no Pichel

A campá do inferno (La campana del infierno, Claudio Guerín Hill, Estado Español / Francia, 1973, 91', VO)

Xoves 13 ás 21.30 h no Pichel

Presentada por Ezequiel Méndez

Teatro de Sempre: Ricardo III (Teatro de siempre: Ricardo III, Claudio Guerín Hill, Estado Español / Francia, 1967, 107', VO)

Sábado 15 ás 19.30 h no Teatro Principal (ver información de billeteira)

Presentada por Ezequiel Méndez

Coñeza vostede España: Santiago de Compostela. (Conozca usted España: Hacia Santiago, Claudio Guerín Hill, Estado Español, 1967, 30', VO)

Coñeza vostede España: Cara a Santiago. (Conozca usted España: Hacia Santiago, José Luis Font, Estado Español, 1968, 30', VO)

Galicia. (Galicia, Claudio Guerín Hill, Estado Español, 1967, 30'. VO)

 

 

 

 

 

 

 

 

Entradas: 

Sábado 15 no Teatro Principal

Entrada gratuíta previa retirada de convite a partir de mércores 12

___

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado de 18.00 a 21.00h

Teléfono: 981 542 349

 

Funcións: 
Sábado, 15 Decembro, 2018
19:30
Teatro Principal