HOLY EMY/ AGIA EMI

DATOS BÁSICOS

SECCIÓN OFICIAL NOVAS/OS CINEASTAS

Araceli Lemos

Grecia, Francia, Estados Unidos / 111 min / Ficción / Tagalo, inglés, grego

Ficha artística

Abigael Loma, Hasmine Kilip, Michalis Syriopoulos, Angeli Bayani, Ku Aquino, Irene Igglesi

Ficha técnica

Guión: Giulia Caruso, Araceli Lemos

Fotografía: Ki Jin Kim

Edición: Araceli Lemos, Raphaëlle Martin-Holger

Produción: Konstantinos Vassilaros, Mathieu Bompoint, Giulia Caruso, Ki Jin Kim

Cando a súa nai regresa a Filipinas, Emy e Teresa quedan soas en Atenas, onde comezan a forxar camiños separados na procura das súas propias identidades. Teresa, secretamente embarazada do fillo dun mariñeiro grego, é acollida pola igrexa carismática filipina onde Emy non logra encaixar. Ela séntese atraída cara á casa da señora Christina, unha anciá grega que dirixe unhas prácticas de curación alternativa onde adoitaba traballar a nai das dúas irmás. A medida que avanza o embarazo de Teresa, Emy aprenderá a explorar as súas habilidades na procura da súa propia identidade.

Araceli Lemos

(Atenas, Grecia)

A súa ópera prima, Holy Emi, foi estreada no Festival de Locarno 2021 e gañou o FirstCutLab como traballo en progreso. A súa curtametraxe Miguel Alvarez lleva peluca (2012), foi proxectada en varios festivais de todo o mundo, incluidos Tampere, Outfest e Leeds.

Duración: 
111 MIN
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Zona C. Punto de Información Cultural: de martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Domingos de 11 a 14 h. Tel.: 981 542 462
  • Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai proxección fóra deste horario, o despacho de billetes abre media hora antes do inicio). Tel.: 981 542 349
  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14 h e de 16 a 20.30 h. Martes de 16 a 20.30 h. (Se hai proxección fóra deste horario, o despacho de billetes abre 10 minutos antes do inicio)
  • Multicines Compostela: desde as 17.00 h ata a hora de inicio do último filme. (Se hai proxección fóra deste horario, o despacho de billetes abre media hora antes do inicio).
  • Auditorio de Galicia e Museo das Peregrinacións: desde media hora antes do inicio de cada proxección.

 

PRÉGASE O USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Luns, 15 Novembro, 2021
17:00
Teatro Principal
Martes, 16 Novembro, 2021
19:30
Salón Teatro