'HÍBRIDO' AARÓN SANROMÁN

DATOS BÁSICOS

Seleccionado na  modalidade de proxectos de intervención artística, na convocatoria de propostas de selección en artes visuais  para a Zona "C", o artista Aarón Sanromán presenta 'Híbrido' un proxecto colaborativo que unifica a paisaxe natural e a dixital para reivindicar a memoria xeográfica e cuxo resultado se exhibe na Zona “C”.

O proxecto nace coa intención de reivindicar a memoria xeográfica e xeolóxia da paisaxe galega, e desta maneira tender unha ponte entre o pasado e o futuro dos elementos etnoarqueolóxicos perdidos nos montes a causa da urbanización e a industrialización da nosa sociedade. Son moitas as fontes, os estanques, presas, e pequenos regatos que caen no esquecemento político e polo tanto no desuso e o abandono.

A paisaxe resultante que podemos ver na Zona "C" aúna dous elementos: o contexto dos bosques galegos, e os vídeos de auga que foron obtidos tras publicar unha convocatoria en redes sociais na que calquera persoa de todo o mundo podía enviar vídeos de auga para poder ser utilizados nas proxeccións. DIta convocatoria tivo un retorno de 211 persoas de países como, Portugal, India, Xapón, Chile, Rusia,...

Desta hibridación resultou unha 'natureza cyborg' que se vale da teconoloxía coas proxeccións de vídeo-mapping para recrear unha imaxe utópica con elementos holográficos. Cos vídeos recibidos, o artista encheu o baleiro da paisaxe provocado por causa das sequías, os incendios, a tala excesiva e outros factores caraterísticos da nosa pegada na era antropocéntrica. Foron os graves incendios acontecidos nos montes de Vigo e arredores a mediados de outubro de 2017 os causantes do cambio de ruta trazado inicialmente no proxecto, debido a que o lume afectou unha gran extensión do monte vigués queimando a maioría das paisaxes que ían ser utilizadas para o desenvolvemento das diferentes pezas de vídeo mapping.

Esta catástrofe outorgou outro significado á obra e trazou un novo itinerario que vai en dirección contraria á que seguiu o lume, dende o bosque que permaneceu intacto, ata o remate; nun bosque inexistente que xa foi talado e que tan só deixa ver os restos de cinza. A obra é polo tanto un camiño na escuridade no que a luz xenera unha nova imaxe sobre o negro do lume, e que plantexa unha nova mirada sobre a paisaxe que desapareceu.

 

 

Aarón Sanromán (Vigo, Pontevedra, 1985). [resumo]

  • Diplomatura en realización de cine e televisión (2006 - 2009)
  • Diplomatura informática de sistemas (2003 - 2006)

Exposicións individuais

  • 2017 Eaux d´artifice. Mirat&Co Gallery (Madrid) (proximamente)
  • 2016 VACACIÓN. CEART (Centro de Arte Tomas y Valiente) (Madrid)
  • 2015 MANANTIAL. Fundación Casa Pintada – Museo Gabarrón (Murcia)
  • MANANTIAL. Instalación en casa deshabitada (Madrid/ Bilbao/ Barcelona/Lisboa)

Colectivas, premios e bolsas

2017

  • Foundation François Schneider (Wattwiller, FRANCIA) (proximamente)
  • JUSTMAD8. Mirat&Co Gallery (Madrid)

2016 I

  • Encuentro de Artistas de Castilla y León (Fundación Villalart)
  • FLASHES. Comisariado por Sandra Gómez (La Carolina, Xaén)
  • 4º Premio Mardel - Adquisición (Alacante)
  • 9º Premio Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela)

2015

  • Premio Novos Valores - 4 º Premio (Deputación de Pontevedra)
  • EANV (5º Encontro de Artistas Novos) comisariado por Rafael Doctor (Santiago de Compostela)
  • 18º Bienal de Cerveira (Vilanova de Cerveira, Portugal)
  • Encuentros de Arte Contemporáneo (EAC XV) (Alacante)
  • The OTHER FAIR. Victoria House (Londres, U.K.)
  • La NEW FAIR. Comisariado por Semíramis González. La New Gallery (Madrid)
  •  
Entradas: 

Entrada libre

Luns pechado

Funcións: 
Mércores, 3 Outubro, 2018 a Domingo, 9 Decembro, 2018
16:00 a 20:00
Zona "C"