GUADI GALEGO: 'COSTURAS'

DATOS BÁSICOS

ENTRADAS ESGOTADAS

‘Costuras’ recompila 10 cancións de Guadi Galego e Carlos Abal que viaxan desde mundos asociados á súa infancia ata o presente máis duro e á vez esperanzador, onde a autora se amosa tal como é. Tres colaboracións compoñen o disco: dúas poetas, Antía Otero e Marina Oural, e unha cantante, a catalá Paula Grande. A produción musical, a cargo de Olivera Estudi, dá un novo aspecto ás creacións de Guadi, entrando en campos electrónicos, sen esquecer a parte máis orgánica, creando texturas únicas dentro do pop.

Guadi Galego é unha das artistas máis relevantes da escena galega actual, froito dunha andaina musical que comezou sendo moi nova. En 1997 entra en Berrogüetto como vocalista, pianista e gaiteira, e grava con eles tres discos. Despois experimentou con diversas sonoridades en formacións como o seu proxecto máis íntimo e persoal, Espido (con Guillerme Fernández) ou Nordestin@s (con Abe Rábade e Ugia Pedreira). Finalmente, no 2009 sae á luz ‘Benzón’, álbum aclamado pola crítica galega e española co que inicia a súa carreira en solitario, sen deixar de participar noutros proxectos, como aCadaCanto con Guillerme Fernández, Xabier Díaz e Xosé Lois Romero. No 2014 ve a luz o seu segundo traballo en solitario, ‘Lúas de outubro e agosto’, e no 2016’ sae o terceiro, ‘O mundo está parado’. No 2019 estreou ‘Immersion’, unha relectura musical e lingüística das súas obras máis recentes e tras unha xira e un ano marcados pola pandemia, Guadi Galego lanza ‘Costuras’.

Guadi Galego, voz e teclados

Guillerme Fernández, guitarra eléctrica

Isaac Palacín, batería electrónica

Roberto Grandal, acordeón Midi

Rubén Iglesias, baixo e sub

Paula Romero, coros

Páxina web para máis información: https://guadigalego.eu/

Duración: 
75 min
Entradas: 

LUNS DA SEMANA DO EVENTO_10.00 h na web

ENTRADAS ESGOTADAS

12 euros

  • Descontos do 50% para colectivos habituais

Venda presencial:

  • Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18 a 21 h. Teléfono: 981 542 349
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. Aberto só o día do espectáculo desde 1h 30 min antes do comezo do mesmo. Teléfono 981 571 026

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Venres, 23 Abril, 2021
20:30
Auditorio de Galicia