GRAN GALA DO CIRCO EN COMPOSTELA

DATOS BÁSICOS

COORDINADA POR PISTACATRO

EscenaGZ

Idade: A partir de 4 anos

O Concello de Santiago adiántase ós festexos do DÍA MUNDIAL DO CIRCO, que é o vindeiro 21 de abril, coa GRAN GALA DE CIRCO con Pistacatro

Compostela é unha cidade de circo, numerosos artistas circenses residen na cidade e queren celebrar o seu día, o Día Internacional do Circo, facendo unha mostra do mellor do seu traballo dos mellores números dos colegas do estado. A Gran Gala de Circo contará unha completísima variedade de números das disciplinas máis sorprendentes e arriscadas.

A fórmula do cabaret colectivo sempre foi unha das especialidades de Pistacatro. O potencial creativo individual dos artistas galegos fai que a suma dos mellores números e sketches de cada un dos artistas fagan un conxunto de luxo. Os cabarets de circo e galas de circo de Pistacatro inscríbense na mellor tradición dos espectáculos de variedades, tanto dos circos como do music-hall, onde se poden mesturar os números de malabares, a canción, os sketches de humor, os monólogos, as acrobacias, ou os números máis arriscados e espectaculares. Ofréceselle así o público un espectáculo multidisciplinar e variado  a cargo dun determinado número de artistas que dan o mellor de si mesmos en pequenas pezas de 5 ou 10 minutos.

Nesta ocasión a gala, conducida por Pablo Reboleiro, socio fundador da compañia Pistacatro, contará con artistas locais e galegos e tamén con algunhas sorpresas vidas de fora, como é o caso da italiana Marta Camuffi, que fai suspensión capilar, ou Zenaida Alcalde, socia fundadora da compañia de circo puntocero, especialista en aéreos, e que recentemente acaba de estrear xunto a Miguel Muñoz, o mellor mago do mundo, a película 'Dumbo' dirixida por Tim Burton.

Números de malabares, humor e clown, aéreos (corda, trapecio e suspensión capilar), e funambulismo e danza, completarán esta Gran Gala de Circo, que contará co acompañamento en directo de Aló Djangó Trio. Os artistas que acompañarán a Pistacatro Productora de Soños enriba do escenario son Marta Alonso, Arturo Cobas, Paula Quintas, Álvaro Reboredo "Fiti", Jesús Velasco "Xampi" e as convidadas Marta Camuffi e Zenaida Alcalde.

Club C

#MULTIPLICA. Pan con circo! Xogo, merenda e espectáculo. Pan con circo! fai do Auditorio de Galicia non só o espazo da gran gala do circo de Compostela no 2019 senon un territorio no que “crianzas” de 4 a 99 anos poidan experimentar coma nun obradoiro de saltimbanquis disciplinas circences como a acrobacia, o equilibrio e os malabares.

A cafeteria Lasso estará aberta despois para unha merenda antes do comezo da gala.

Domingo 7 de abril de 16.00 a 18.00 h (cafeteria aberta dende as 17.30 h) Auditorio de Galicia

Publico: familiar, actividade interxeracional

Idades: a partir de 4 anos. Ata completar capacidade

Duración: 
70'
Entradas: 

4 €

 

Bono familiar (4 entradas): 12 € (só se poderá mercar no despacho de billetes)

 

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h. Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día. Teléfono: 981 542 349

 

Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. Aberto só os días de espectáculo desde 1h 30 min antes do comezo do mesmo. Teléfono 981 571 026

Funcións: 
Domingo, 7 Abril, 2019
18:30
Auditorio de Galicia