GRAN GALA DO CIRCO DE COMPOSTELA

DATOS BÁSICOS

ENTRADAS ESGOTADAS

COORDINADA POR PISTA4

EnFamilia

EscenaGZ

CelebremososCorpos

Idade recomendada: de 4 a 99 anos

Lingua: galego

Compostela é unha cidade de circo xa que numerosos artistas circenses residen na cidade e queren celebrar o seu día facendo unha mostra do mellor do seu traballo acompañados dos mellores números dos colegas do estado.

A Gran Gala de Circo, que celebra xa a súa terceira edición, contará unha completísima variedade de números das disciplinas máis sorprendentes e arriscadas.

NOTA: Vostede pode adquirir un máximo de 4 entradas para este espectáculo que consideraremos unha unidade convivencional. Aínda que durante o poceso de compra lle apareza que son sen numerar, despois recibiráas numeradas en PDF. Por protocolo COVID vémonos na obriga de facelo así para poder garantir a distancia de seguridade entre as diferentes unidades convivencionais. Iremos situándoos no plano de butacas por orde de compra.

 

Duración: 
75 min
Entradas: 

ENTRADAS ESGOTADAS

VENDA DE ENTRADAS EN LIÑA: LUNS DA SEMANA DO EVENTO_10.00 H

4 €

Bono familiar (4 entradas): 12 € (só se vende no despacho de billetes)

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18 a 21 h. Se a función é fóra dese horario, o despacho abrirá unha hora e media antes do seu inicio. Teléfono: 981 542 349

Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. Aberto só o día do espectáculo desde 1h 30 min antes do comezo do mesmo. Teléfono 981 571 026

NOTA: Por favor, lea a información sobre entradas no texto do evento

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Domingo, 18 Abril, 2021
18:30
Auditorio de Galicia