SECCIÓN FANTASTIQUE COMPOSTELA
(Este filme poderá verse tamén no Maratón de Cineuropa o venres 23 de novembro)
Dirección: Ali Abbasi
Suecia / 2018 / Longametraxe / Ficción / Sueco
Ficha artística
Eva Melander, Eero Milonoff, Viktor Åkerblom, Joakim Olsson.
Ficha técnica
Guión: Ali Abbasi, Isabella Eklöf, John Ajvide Lindqvist.
Fotografía: Nadim Carlsen.
Música: Christoffer Berg, Martin Dirkov.
Produción: Nina Bisgaard, Piodor Gustaffson, Petra Jönsson.
Sinopse
Tina é unha axente de aduanas cun olfacto tan extraordinario que é capaz de cheirar a culpa de calquera que pretenda esconder algo. Un día o seu olfacto é posto a proba con Vore, un home de aspecto sospeitoso que pasa ante ela. Tina sabe que Vore esconde algo que ela non pode identificar. E o que é peor, séntese estrañamente atraída por el. Tina descobre a auténtica identidade de Vore pero tamén a verdade sobre a súa propia existencia.
Premios
- Premio Un Certain Regard en Cannes 2018.
- Premio da crítica no Festival Internacional de Cine de Noruega.
- Premio World Fiction á mellor película no Festival dos Angeles.