GOYO JIMÉNEZ

DATOS BÁSICOS

O monologuista Goyo Jiménez chega a Galicia para representar a segunda parte do seu espectáculo "AIGUANTULIVINAMÉRICA", (si, si, o dos americanos), 15 anos despois da súa exitosa estrea. Unha nova oportunidade para gozar da súa desternillante comparación dos españois e americanos que non podes perder.

"Goyo, cando vas facer máis monólogos de americanos, cando vas facer máis monólogos de americanos..." Pois queridas e queridos, o momento que todos estabamos a esperar xa está aquí, quince anos despois da estrea do espectáculo Aiguantulivinamérica, chega a segunda entrega da saga de monólogos máis celebrada, chega... Aiguantulivinamérica 2.

Si, damas e cabaleiros: Volven as comparacións entre o fabuloso modo de vida estadounidense e o, digámoslo así, menos glamouroso ir tirando dos españois. Volve Mike, Joe, Susan, o pequeno Timmy e unha chea de novos personaxes, metidos de cheo en situacións absurdas que a todos nos soan e fascinan. Volve o surrealismo, o disparate, a complicidade e o enxeño mesturados a partes iguais. Pero, sobre todo, volve o único e inimitable experto en asuntos americanos, Goyo Jiménez. Ao seu lugar favorito, ao fogar dos valentes, á terra da liberdade. Valo a perder?

God bless you and bless America!

___

Espectáculo Non recomendado para menores de 16 anos. Prohibida a entrada a  menores de 8 anos

Duración: 
120 min
Entradas: 

ENTRADAS EN: Ataquilla.com

Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. Aberto só os días de espectáculo desde 1h 30 min antes do comezo do mesmo. Teléfono 981 571 026

Funcións: 
Domingo, 17 Novembro, 2019
20:00
Auditorio de Galicia