O art pop dos vigueses Ghost Beast chega a 'TerraZeando. Ciclo de Concertos ao Fresco' organizado por Desconcerto Cultural.
Electrónica e art-pop, nas súas versións máis solemnes e profundas; sintetizadores que gañan en protagonismo ás guitarras, ritmos programados que se mesturan con baterías de son contemporáneo...cancións amplas, minimalistas, evocadoras e envolventes que acadan toda a súa dimensión nun directo de son tan espectacular como coidado e onde estas pezas perden contención gañando en matices e complexidade.
Enlaces: Cartaz | Imaxe | Vídeo | Bandcamp