SECCIÓN OFICIAL PANORAMA INTERNACIONAL
Asghar Farhadi
Irán, Francia / 127 min / Ficción / Persa
Ficha artística
Amir Jadidi, Mohsen Tanabandeh, Fereshteh Sadrorafaii
Ficha técnica
Guión: Asghar Farhadi
Fotografía: Ali Ghazi
Edición: Haydeh Safiyari
Produción: Alexandre Mallet-Guy, Asghar Farhadi
Asghar Farhadi ofrece unha sátira sobre as redes sociais como instrumento para gañarse a opinión pública nunha película co seu característico estilo, repleta de xiros inesperados. Rahim está no cárcere por unha débeda que non puido reembolsar. Durante un permiso de dous días, trata de convencer ao seu acredor para que retire a reclamación de desembolso dunha parte do pago. Pero as cousas non irán como tiña previsto.
Asghar Farhadi
(Khomeini Shahr, Irán, 1972)
Logo de estudar no Instituto do Cinema Novo, licenciuse en Realización pola Universidade de Teherán. Acadou o recoñecemento internacional en 2009 co seu filme A propósito de Elly, polo que foi distinguido co Oso de Prata ao mellor director na 59ª edición da Berlinale. Nader e Simin, unha separación (2011) e O Viaxante (2016) son outros dos seus filmes.
Gran premio do xurado (ex aequo) no Festival de Cannes 2021