GENTLEMEN PREFER BLONDES / OS CABALEIROS PREFIREN AS LOIRAS

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA

CANCIÓNS PARA DESPOIS DUNHA GUERRA

GENTLEMEN PREFER BLONDES / OS CABALEIROS PREFIREN AS LOIRAS (1953)

Howard Hawks

EEUU / 91 min / Ficción / Inglés

Ficha artística:

Marilyn Monroe, Jane Russell, Charles Coburn.

Ficha técnica:

Guión: Charles Lederer. Baseado na obra de Anita Loos, Joseph Fields

Fotografía: Harry J. Wild

Edición: Hugh S. Fowler

Produción: 20th Century Fox

Sinopse:

Lorelei e Dorothy son dúas cantantes que fan un cruceiro desde os Estados Unidos a París. Unha loira e outra morena, coa súa beleza e encanto seducirán a toda a pasaxe. Lorelei ten o obxectivo de casar cun millonario, pero hai un inconveniente: ten mozo e o pai do noivo contratou un detective para descubrir o seu xogo.

Candidata a mellor guión de musical nos premios do Sindicato de Guionistas 1953

Duración: 
91 MIN
Entradas: 

DE BALDE PREVIA RETIRADA DE CONVITE

PARA TODAS AS PROXECCIÓNS:

  • compostelacultura.gal
  • Zona C (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Tel.: 981 542 462
  • Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai un filme ás 16.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece). Tel.: 981 542 349

EN CADA SALA, TAMÉN PARA AS PROXECCIÓNS DE ESE ESPAZO:

  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingo e calquera outro día fóra deste horario, abriríase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión.
  • MULTICINES COMPOSTELA: desde as 17.00 h ata a hora de inicio do último filme. (Se hai un filme ás 17.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece)
  • AUDITORIO DE GALICIA: desde media hora antes do inicio de cada sesión.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Funcións: 
Sábado, 5 Novembro, 2022
17:00
Multicines Compostela
Domingo, 13 Novembro, 2022
21:15
Multicines Compostela
MULTIMEDIA

Gentlemen Prefer Blondes (1953) Trailer #1