Gatillo da felicidade (Trigger of happiness)

DATOS BÁSICOS

Ana Borralho & João Galante

PORTUGAL

Falada en castelán e galego

Dentro de ESCENAS DO CAMBIO

Ana Borralho & João Galante inquiren a un grupo de mozos e mozas sobre o tema da felicidade. A definición da felicidade varía entre unha persoa e outra, pode ser un estado mental, un estado de satisfacción, de benestar… Como podemos ser felices? E sobre todo, como podemos ser felices nunha sociedade que non o é? O que máis importa a ambos artistas é a resposta das mozas e mozos para quen o futuro é habitualmente incerto.

Trigger of Happiness é unha performance participativa con adolescentes que cuestiona e pon en escena a un grupo de persoas, os seus soños, as súas expectativas nun período das súas vidas feito de tensións, presión, conflitos, riscos, retos, pescudas sobre a identidade, novas experiencias… Máis aló diso, a performance cuestiona a nosa capacidade de aceptar e vivir o cambio e axuda a saber que pensan, que viven, que soñan, os mozos nados a partir do 2000.

Ao remate da peza, realizarase unha conversa aberta cos adolescentes participantes na obra

Ficha artística

Concepto, dirección artística: Ana Borralho & João Galante
Performers: peza participativa con mozos e mozas de entre 18 e 23 anos
Deseño iluminación: Thomas Walgrave
Son: Coolgate, Pedro Augusto
Colaboración á dramaturxia: Fernando J. Ribeiro
Asistencia artística, ensaios e escenario: Alface (Cátia Leitão), Antonia Buresi
Asistencia técnica, ensaios e escenario: Tiago Gandra
Responsable produción: Mónica Samões
Produción e xira: Andrea Sozzi
Produción executiva: Joana Duarte
Produción: casaBranca
Coprodución Maria Matos Teatro Municipal (Lisboa, Portugal), Jonk ny Internationell scenkonst för unga (Jönköping, Suècia), Nouveau Théâtre De Montreuil – Centre Dramatique National (França), Le phénix scène Nationale Valenciennes pôle européen de création (França) Le Boulon Centre National des Arts de la Rue de Vieux Condé (França) / Co aopio de Câmara Municipal de Lagos, Espaço Alkantara, LAC Laboratório de Actividades Criativas, SIN Arts and Culture Centre (Budapest), Companhia Olga Roriz

 

Duración: 
105
Entradas: 

entradas.ataquilla.com

Día do evento no despacho de billetes do Teatro Principal desde as 18.00 h

Funcións: 
Xoves, 14 Febreiro, 2019
20:30
Teatro Principal