SECCIÓN OFICIAL INTERNACIONAL
Dirección: Mélanie Laurent
Estados Unidos / 2018 / Longametraxe / Ficción / Inglés
Ficha artística
Ben Foster, Elle Fanning, Lili Reinhart, María Valverde, Beau Bridges, Robert Aramayo, Adepero Oduye, Rob Steinberg.
Ficha técnica
Guión: Jim Hammett (Novela: Nic Pizzolatto).
Fotografía: Arnaud Potier.
Música: Marc Chouarain.
Produción: Low Spark Films / Jean Doumanian Productions.
Sinopse
Roy Cady é un asasino a soldo en New Orleans ao que lle foi diagnosticado cancro de pulmón aos 40 anos. Ante a sospeita de que o seu xefe quere eliminalo, Roy trata de fuxir cara un horizonte descoñecido. No seu camiño, atoparase cunha moza desamparada que lle ofrece a oportunidade de darlle un novo sentido á súa vida.