GALICREQUES 2019

DATOS BÁSICOS

O Festival Internacional de Títeres Galicreques, organizado pola Asociación Cultural Barriga Verde co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), da Deputación da Coruña e do Concello de Santiago, celebra a súa 24º edición entre o 12 e o 20 de outuro cunha ampla programación que ofrecerán un total de 25 compañías, tanto estatais como internacionais.

Neste ano, Galicreques inclúe máis de 50 funcións que se repartirán nos escenarios do Teatro Principal, a Fundación SGAE, os centros socio culturais de Santa Marta, a Trisca, o Ensanche, Vite, Conxo e o Castiñeiriño, como tamén locais comerciais como a Matrioska Tenda ou  O Besbello Bar Cultural. Ademais, un ano máis, a presenza de Galicreques farase notar en prazas como o Toural ou na xa tradicional carpa que o festival instala na Alameda.

CONSULTA TODA A PROGRAMACIÓN DIARIA NA WEB: galicreques.com

Entradas: 

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado de 18.00 a 21.00h e días do evento desde 1 h antes da función. Teléfono: 981 542 349

Fundación SGAE. Os días do evento desde 1 h antes da función

entradas.abanca.com

Funcións: 
Sábado, 12 Outubro, 2019 a Domingo, 20 Outubro, 2019
Varios lugares