A GALIÑA AZUL

DATOS BÁSICOS

Monicreques

Recomendada para alumnos de infantil, 1º e 2º primaria

Tanxarina S.L.

"Lourenzo ten unha galiña azul con cinco plumas vermellas na á dereita. Unha galiña moi bonita e moi rara: pon ovos de cores!!. Ademais non di cacaracá como as outras galiñas, senón que di cocorocó. E isto ten preocupadas as autoridades." A Galiña Azul é un espectáculo que fala da diversidade e da solidariedade, destinado ao público infantil e familiar, no que empregamos diversas técnicas de manipulación de bonecos, traballo actoral, música e cancións.

Ficha artística

Autor: Carlos Casares.

Adaptación e dirección: Cándido Pazó.

Vestiario: Carlos Alonso.

Música: Paco Barreiro.

Escenografía e monecos: Pablo Giráldez "Pastor".

Actores manipuladores: Eduardo Rodríguez Cunha, Miguel Borines e Andrés Giráldez.

Entradas: 

Gratuíto, previa reserva a través do formulario que poderá descargar no seguinte enlace https://www.compostelacultura.gal/programadidactico e envialo ao correo info@auditoriodegalicia.org na data que figura na carta explicativa

Funcións: 
Luns, 27 Xaneiro, 2020
10:00
Teatro Principal
Luns, 27 Xaneiro, 2020
12:00
Teatro Principal
Martes, 28 Xaneiro, 2020
10:00
Teatro Principal
Martes, 28 Xaneiro, 2020
12:00
Teatro Principal
MULTIMEDIA

A galiña azul- Tanxarina