GALA SOLIDARIA PALLAS@REBELDÍA

DATOS BÁSICOS

Pallas@s en Rebeldía achega a gala máis comprometida e espectacular do Nadal: circo, música, humor, acrobacias aéreas... Hora e media de risas comprometidas para toda a familia co solidario fin de apoiar os traballos da entidade en diferentes zonas en conflito como Palestina ou o Sahara.

A Asociación Cultural e de Cooperación Internacional Pallasos en Rebeldía é un espazo artístico de solidariedade internacional, transformación política e fraternidade entre os pobos que se expresa a través do clown e as artes circenses, no que conflúen artistas de diferentes países, sobre a base de que a alegría e a risa poden e deben ser transformadoras. Pallasos en Rebeldía comeza en Santiago de Compostela e está constituída como unha rede internacional de grupos artísticos que promoven a solidariedade e a risa como motores de cambio social; combatendo culturalmente á beira das colectividades que lle fan fronte a este sistema global de terror desde a maxia do Circo; apostando por unha Humanidade máis bela e máis xusta.

 

 

Presenta

Isabel Risco

 

Música

Pablo Díaz

O Coro da Rá

 

Circo

As Sircopatas

Sue Moreno

Yolanda Paz

Sempre Arriba

Entradas: 

Entrada gratuíta previa retirada de convites dispoñibles o propio día do evento desde as 17.00 h na billeteira do Teatro Principal

Funcións: 
Xoves, 27 Decembro, 2018
18:30
Teatro Principal