GALA PREMIOS MÚSICA E POESÍA aRi[t]mar

DATOS BÁSICOS

Gala dos premios da MÚSICA e da POESÍA galego-portuguesas 2019

aRi[t]mar galiza e portugal é un proxecto didáctico-cultural, desenvolvido inicialmente pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, pertencente á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, que ten por obxectivo divulgarmos a música e a poesía galego-portuguesas actuais, e achegarmos a cultura e a lingua dos dous países, no marco do desenvolvemento da Lei Valentín Paz-Andrade para o aproveitamento do ensino do portugués e vínculos coa lusofonía. 

Coa organización do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e os departamentos de galego e de portugués do centro, ao longo do ano lectivo traballan de forma didáctica os textos e as músicas co noso alumnado e, posteriormente, escóllense mediante votación online as mellores cancións e poesías editadas en Galiza e en Portugal no ano anterior. 

O certame consta de catro categorías:

  • Mellor tema musical galego
  • Mellor tema musical portugués
  • Mellor poema galego
  • Mellor poema portugués 

Como colofón celébrase unha Gala de premios con actuacións e intervencións das e dos galardoados que conta co patrocinio das secretarias xerais de Cultura e de Política Lingüística da Xunta de Galicia, da Deputación Provincial da Coruña, do Concello de Santiago, do Instituto Camões e do Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal.

Na Gala acturarán:

TANXUGUEIRAS
OS AZEITONAS
MARTA CHAVES
SUSANA ARÍNS
UXÍA

CARLOS BLANCO

A iniciativa da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela encádrase na Lei Valentín Paz-Andrade de vinculos coa Lusofonía.

 

Para máis información clika en:  aRi[t]mar

 

Entradas: 

Entrada de balde ata completar capacidade da sala

 

Funcións: 
Mércores, 4 Decembro, 2019
21:00
Auditorio de Galicia