GAIA

Teatro Principal
DATOS BÁSICOS

Recomendado para Infantil, 1º e 2º primaria

O noso fogar, a Terra, está a cambiar rapidamente... Debemos atopar unha forma de vida máis respectuosa para protexer o noso planeta e o medio ambiente. GAIA perténcenos a tod@s. Podemos debuxar xunt@s, un mañá feliz e un mundo a toda cor .

Gaia é un espectáculo onde a voz e a danza nos achegan coñecementos dende unha óptica visual e imaxinativa. Unha historia en movemento na que a pintura, a música e o audiovisual nos axudan a descubrir a intensidade, o poder e a beleza das características do noso planeta e dos seus tesouros naturais. Un encontro didáctico para entender a importancia da interacción entre as persoas e o medio ambiente. Unha proposta dirixida a un público infantil e familiar, a partir de 3 anos.

Duración: 
1 hora
Entradas: 

Gratuíto, previa reserva a través do formulario que poderá descargar no seguinte enlace https://www.compostelacultura.gal/programadidactico e envialo ao correo info@auditoriodegalicia.org na data que figura na carta explicativa

Funcións: 
Luns, 11 Febreiro, 2019
10:00
Teatro Principal
Luns, 11 Febreiro, 2019
12:00
Teatro Principal
Martes, 12 Febreiro, 2019
10:00
Teatro Principal
Martes, 12 Febreiro, 2019
12:00
Teatro Principal