FUNERAL PARADE OF ROSES

DATOS BÁSICOS

Dirección: Toshio Matsumoto

Xapón / 1969 / Longametraxe / Ficción / Xaponés, Inglés

Ficha artística

Osamu Ogasawara, Shotari Akiyama, Peter, Kiyoshi Awazu, Emiko Azuma, Toshiya Fujita, Masato Hara.

Ficha técnica

Guión: Toshio Matsumoto.
Fotografía: Tatsuo Suzuki.
Música: Joji Yuasa.
Produción: Art Theatre Guild / Matsumoto Production Company.

Sinopse

Primeira película xaponesa en mostrar abertamente personaxes LGBTI. Produción de culto, anárquica, impactante e na que realizadores con tanta fama como Stanley Kubrick ou Quentin Tarantino se inspiraron á hora de rodar algunhas das súas máis famosas escenas. A acción transcorre no Toquio de 1969. Partindo da traxedia grega Edipo Rei, asistimos a unha historia de celos, odio, sangue e amores imposibles.

Duración: 
105 min
Información da billeteira: 

Entrada libre ata completar aforo

Funcións: 
Domingo, 11 Novembro, 2018
22:00
Multicines Compostela

UBICACIÓN