►►► AVISO: AS BUTACAS DE PALCOS DE PLATEA E PRIMEIRA PLANTA SÓ PODEN SER ADQUIRIDAS POR UNIDADES DE CONVIVENCIA (MERCANDO AS DÚAS BUTACAS).
Richi Casás fai unha homenaxe á tradición que recibimos, dándolle un novo sentido e poñéndoa a funcionar no mundo no que vivimos hoxe.
Fuliada na Vila preséntase cunha banda de 11 músicos dirixidos por Richi Casás cun arranxos preciosistas de jazzband sobre as músicas galegas de tradición oral. O repertorio sobre o que bebe este proxec- to parte de gravacións etnomusicolóxicas que a musicóloga suíza Dorothé Schubar- th realizou na casa de Rosa e Adolfina no ano 1980 na Vila (Cerceda), punto de partida da aposta artística. Sobre esta her- danza, Richi Casás edifica unha novidosa proposta musical na que conflúen varias culturas: das pandeiretas ás orquestras; dos ritmos latinos ao jazz.
Con influencias do mundo do jazz e a música de baile FULIADA NA VILA achegase o máis valioso que temos: un enorme e rico patrimonio inmaterial musical. E non se esquece da letra. Tomadas da poesía tradicional tráennos a matizada delicadeza do pensar dun pobo; a escoita atenta que fixo a nosa cultura da natureza, os ciclos vitais, o amor e a morte.
Richi Casás
Criado a cabalo entre a Vila da Igrexa (Cerceda) e o barrio da Agra do Orzán (A Coruña), Richi Casás (1977) medrou tamén entre influencias musicais diversas, algun- has delas recibidas xa no seo familiar. Por un lado, a vivencia da música tradicional, presente na súa casa desde sempre da man de súa avoa; por outro, a cultura das ban- das de música, que coñecía de perto pola experiencia como intérprete de seu avó. A nivel persoal, a súa formación foi heteroxénea, xa que se curtiu como gaiteiro nos torreiros e como músico de orquestra en formacións como Os Satélites, ao tempo que desenvolvía a súa carreira académica como saxofonista no Conservatorio Superior de Música da Coruña, con especialidade de jazz.
Xunto ao saxo alto, a voz e as percusións de Richi Casás, dez músicos compoñen a banda de Fuliada na Vila: Branca Villares, Carolina Vázquez e Pepa Yáñez á voz e pandeireta, Fran Ga Galán á guitarra, Carlos Santos ao baixo, José Ares “Panete” á batería, Javi “GDJazz” Pereiro á trompeta, José Luís Miranda ao trombón, Gueorgui Oganesian ao saxo tenor e Fran Barcia ao acordeón.