FREAK

DATOS BÁSICOS

AMOR PRODUCCIONES

Idade recomendada: > 16 anos

Duración: 65 min

Lingua: castelán

[RECOMENDADA POR COMISIONES ARTÍSTICAS DE LA RED. MINISTERIO DE CULTURA Y DEPORTE]

Un sofá e dúas mulleres sentadas nel durante toda a representación. As mozas van vestidas de princesas de conto; de deusas da sedución, porque así son capaces de sentirse suficientemente poderosas para ocupar un espazo.

Ábrense en canle contando as súas intimidades a medida que avanza a peza. O ritmo crece e a profundidade dos conflitos que expoñen tamén.

O texto é directo e liberador.

A obra conduce aos poucos cara a un lugar de encontro, onde ambos os personaxes se achegan á súa propia aceptación.

Un final baseado na comunicación, en pedir axuda, en poder contar con alguén, en xerar encontros verdadeiros que nos fagan crecer.

Por que non somos capaces de parar situacións nas que en realidade non queremos estar?

Por que non somos capaces de dicir o que necesitamos en cada momento? Decidir como queremos estar e como queremos que nos traten, segundo a segundo.

Como se sae da desbandada cando estás no epicentro?
Freak fala de atopar os límites de cada un e de cada unha e para facer isto, ás veces, é necesario sacar á luz o que ocultan os ósos, a pel e o sexo propio.

Ficha artística

Autoría: Anna Jordan
Dirección: Paula Amor
Reparto: Macarena de Rueda e Lara Serrano

Dirección de produción: Rosel Murillo
Produción executiva: Paula Amor
Iluminación: Antiel Jiménez
Escenografía: Antiel Jiménez
Deseño de son: Paula Amor / Antiel Jiménez
Vestiario: Daniel Torres Cano
Axudante de dirección: Marta Matute
Deseño gráfico: Lucía Tobajas
Fotografía: Luz Soria
Prensa: Amanda H C – Proyecto Duas

© Fotografía: Luz Soria

Duración: 
65 min
Entradas: 

14 euros

  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 542 349
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Funcións: 
Sábado, 27 Maio, 2023
20:30
Teatro Principal