CINEUROPA I LATIDOAMERICANO
Lucio Castro
Arxentina / 84 min. / Drama, romance / Castelán
Ficha artística:
Juan Barberini, Ramon Pujol, Mia Maestro
Ficha técnica:
Guión: Lucio Castro
Música: Robert Lombardo
Fotografía: Bernat Mestres
Sinopse:
Nela, dous homes encóntranse por casualidade en Barcelona e o que parece un encontro dunha noite entre estraños convértese nunha relación épica, que abrangue décadas e na que o tempo e o espazo se negan a xogar segundo as regras coñecidas. Trátase do relato dun romance fugaz entre dous homes que acaba establecendo as súas propias regras temporais, entre a realidade, o recordo e a imaxinación. Unha obra sublime que rompe fronteiras e estereotipos moito máis alá da natureza queer.
2019: premio á mellor película competencia arxentina no BAFICI