CINEUROPA ofrece un filme sorpresa en cada unha das súas edicións. Como cada ano, convidámosvos a que asistades á proxección sen saber que atoparedes.
Nas datas previas a este pase, ofreceremos pistas nas redes sociais do festival sobre o filme escollido, a ver se adiviñades!
En caso de non facelo, sempre podedes fiarvos do noso criterio e deixarvos sorprender. Lembrade, só haberá un pase deste filme!
Non teredes segundas oportunidades...