FILME SORPRESA

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA ofrece un filme sorpresa en cada unha das súas edicións. Como cada ano, convidámosvos a que asistades á proxección sen saber que atoparedes.

Nas datas previas a este pase, ofreceremos pistas nas redes sociais do festival sobre o filme escollido, a ver se adiviñades! 

En caso de non facelo, sempre podedes fiarvos do noso criterio e deixarvos sorprender. Lembrade, só haberá un pase deste filme!

Non teredes segundas oportunidades...

Duración: 
??
Información da billeteira: 

VENDA ANTICIPADA:

  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes do Teatro Principal: de 15.30 a 22.00 h (para as proxeccións de todas as salas)
  • Despacho de billetes dos Multicines Compostela: de 17.00 a 22.00 h (para as proxeccións de Multicines Compostela)
  • Despacho de billetes de NUMAX: luns de 17.15 a 22 h; de mates a venres de 10.30 a 14 h e de 15.30 a 22 h; sábados, domingos e festivos, de 11 a 14 h e de 15.30 a 22 h (para as proxeccións de NUMAX)

VENDA INMEDIATA:

Ata 5 minutos antes do inicio de cada sesión

  • Despacho de billetes do Teatro Principal (para as proxeccións do Teatro Principal e Salón Teatro)
  • Despacho de billetes de Multicines Compostela (para as proxeccións de Multicines Compostela)
  • Despacho de billetes de NUMAX (para as proxeccións de NUMAX)

VENDA DE ABONOS

  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes do Teatro Principal
Funcións: 
Martes, 19 Novembro, 2019
22:00
Teatro Principal

UBICACIÓN

Compostela Capital Cultural