FILM (1965) + TEMPO DI VIAGGIO (1983)

DATOS BÁSICOS

A ÚLTIMA PELÍCULA. O CINEMA, NO CINEMA

LUNS 16, 16:00 | AUDITORIO (SALA MOZART)

FILM
Samuel Beckett, Alan Schneider
Estados Unidos / 22 min / Experimental / Mudo

Ficha artística:
Buster Keaton, Nell Harrison,
James Karen, Susan Reed

Ficha técnica:
Guión: Samuel Becket
Fotografía: Boris Kaufman
Edición: Sidney Meyers
Produción: Evergreen

Unha película de vinte minutos, case totalmente muda (sen diálogos nin música, salvo un “shhh!”) na que Buster Keaton tenta evadir a observación dun ollo que todo o ve. Como a película se basea no principio de Berkeley “esse est percipi” (ser é ser percibido), a propia existencia de Keaton conspira contra os seus esforzos.

 TEMPO  DI  VIAGGIO
Andrei Tarkovski, Tonino Guerra
Italia / 62min. / Documental / Italiano, ruso

Ficha artística:
Guión: Andrei Tarkovski, Tonino Guerra
Fotografía: Luciano Tovoli
Edición: Franco Letti
Produción: Radiotelevisione Italiana (RAI),
Genius s.r.l

Ficha técnica:
Tonino Guerra, Andrei Tarkovski, Lora Jabloskina

Viaxe a Italia do director Tarkovski e o guionista Tonino Guerra. Durante esta viaxe, Guerra constantemente induce a Tarkovsky a reflexionar sobre a súa obra e o seu pasado como cineasta e poeta. O resultado será a obra mestra Nostalghia.

Duración: 
84 MIN
Entradas: 

VENDA E RETIRADA DE CONVITES

  • Para as proxeccións de todas as salas
    • compostelacultura.gal
    • Despacho de billetes do Teatro Principal: de 15.30 a 21.00 h e polas mañás desde unha hora antes do inicio da proxección.
  • Para as proxeccións do Auditorio de Galicia tamén se poden retirar na propia sala desde unha hora antes do inicio dos filmes.
  • Para as proxeccións de Numax tamén se poden mercar na propia sala no seu horario habitual (numax.org)

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

CONSULTA O PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS NA PORTADA

Funcións: 
Luns, 16 Novembro, 2020
16:00
Auditorio de Galicia