AS FILLAS BRAVAS E O MITO DE CASANDRA

DATOS BÁSICOS

CHÉVERE

EscenaGZ

TerritoriodasMulleres

Idade recomendada: adultos

Duración: 60 min

Lingua: galego

As Fillas Bravas son tres pandeireteiras do lugar de Momán, parroquia Padrenda, concello de Trabancas, que cantan coplas e contan historias escoitadas ou inventadas, con moita retranca e non menos sabedoría. Nesta nova obra, As Fillas Bravas usan as fontes do teatro clásico grego e da música tradicional galega como ferramentas para sensibilizar sobre o impacto do cambio climático na nosa forma de vida. As Fillas Bravas e o mito de Casandra é, por un lado, unha obra na que tres mulleres maiores de aldea tratan de entender o cambio climático e facerlle fronte aplicando a sabedoría popular e a súa propia experiencia vital; e por outro, é un espectáculo con perspectiva de xénero á procura de modelos de empoderamento feminino.

Queremos achegar ao público referentes positivos e próximos de personaxes de mulleres. Colocar o foco nunha muller afirmativa, autónoma, creativa, implicada na colectividade. E, ao mesmo tempo, ofrecer unha visión divertida, pero igualmente directa e sen prexuízos, do impacto que o cambio climático ten e terá na nosa sociedade e nas nosas vidas.

Dirección: Xron

Escenografía: Chévere

Deseño son: Xacobe Martinez Antelo

Deseño iluminación: Fidel Vázquez

Vestiario: Chévere

Música: Popular

Elenco artístico: Patricia de Lorenzo, Mónica García e Arantza Villar

 

Web da compañía: grupochevere.eu

Duración: 
60 min
Información da billeteira: 

VENDA DE ENTRADAS EN LIÑA: LUNS DA SEMANA DO EVENTO_10.00 H

12 euros

* Descontos do 50% para colectivos habituais

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18 a 21 h. Teléfono: 981 542 349

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Sábado, 27 Marzo, 2021
20:00
Teatro Principal
Domingo, 28 Marzo, 2021
20:00
Teatro Principal

UBICACIÓN

Compostela Capital Cultural

Compostela Capital Cultural