FARIÑA

DATOS BÁSICOS

Nacho Carretero e Xosé A. Touriñán levan ao teatro Fariña, unha adaptación da exitosa obra de Carretero sobre a historia do narcotráfico en Galicia nas últimas décadas do pasado século. Dirixida por Perico Asorey, conta no seu elenco con Marcos Pereiro, María Vázquez, Sergio Zearreta e Cristina Iglesias, ademais do propio Touriñán.

Fariña non permite ao espectador nin acomodarse na butaca. Nunha impoñente descarga sucedense conversacións entre mozos e veciños das vilas falando, comprando, consumindo e manexando con soltura o famoso Winston de batea. O fenómeno xa está en marcha.

O elenco de actores entran e saen da escea meténdose na pel de decenas de personaxes entre situacións familiares: un alcalde corrupto disposto a financiar unha verbena, os veciños máis novos probando a mercadoría ás agachadas...

O salto ao narcotráfico ocorre no escenario coa mesma soltura coa que tivo lugar na realidade.

De súpeto, en escena, escóitase acento colombiano e marroquí. Escóitanse ritmos de percusión e cancións. Escóitanse bromas e bravuconadas. As drogas toman o control: ostentación e subidón enchen o teatro. E, de novo como sucedeu en realidade, aparece a traxedia. En forma de nais, jovenes afundidos e, por fin, operacións policiais.

Todo cabe sobre un escenario que recolle un percorrido fiel por este escuro capítulo da historia de Galicia desde un punto de vista único. Unha viaxe no tempo desde unha óptica próxima, real e familiar, coa sensación final, e a reflexión que o espectador fai ao saír do teatro, chegando a adquirir unha eficacia inédita.

Entradas: 

ENTRADAS EN: Ataquilla.com

Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. Aberto só os días de espectáculo desde 1h 30 min antes do comezo do mesmo. Teléfono 981 571 026

Funcións: 
Sábado, 30 Novembro, 2019
20:30
Auditorio de Galicia
Domingo, 1 Decembro, 2019
18:00
Auditorio de Galicia
Domingo, 1 Decembro, 2019
20:30
Auditorio de Galicia