FAP_CONCERTO MENÚ

DATOS BÁSICOS

FESTIVAL DE ARTES PERFORMATIVAS

Marta Fernández Calvo. Concerto Menú

Con Su Garrido Pombo, Paulo Pascual e Faia Díaz

Estrea en Galicia

 

O domingo 13 de setembro ás 20 h preséntase Concerto Menú, un proxecto ad hoc da artista visual Marta Fernández Calvo que consiste nun recital de receitas sonoras. A variedade de sons que xera a elaboración dunha receita é o fío condutor do proxecto multidisciplinar que cuestiona as fontes e a transmisión de coñecemento e que propón a experiencia vital como forma de aprendizaxe. Durante as semanas previas ao evento, a artista seleccionará receitas típicas da veciñanza da cidade. Unha vez realizada a selección, a artista gravará o son de cada participante executando o seu prato na súa cociña. Os sons de cada receita serán transformados en pezas musicais por diferentes compositores que serán, á súa vez, intérpretes das súas pezas no concerto. Os compositores/intérpretes de Concerto Menú son: a música viguesa Su Garrido Pombo, o músico Paulo Pascual e a cantante santiaguesa Faia Díaz. Os menús serán facilitados ao público a modo de programa-receitario.

Ao remate do concerto haberá un encontro cos artistas.

Duración: 
60 MIN
Entradas: 

Actividade gratuíta. A reserva de convite é obrigatoria.

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h. Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día. Teléfono: 981 542 349 Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. Aberto só os días de espectáculo desde 1h 30 min antes do comezo do mesmo. Teléfono 981 571 026

Funcións: 
Domingo, 13 Setembro, 2020
20:00
Teatro Principal