FAITE ABONADO/A DO AUDITORIO DE GALICIA-REAL FILHARMONÍA DE GALICIA!

DATOS BÁSICOS

O Auditorio de Galicia e a Real Filharmonía de Galicia abren o prazo para novos abonados e abonadas desta tempada 22-23. Un total de 25 concertos de outubro do 2022 a maio do 2023 que inclúen 21 da RFG e o Ciclo de Piano Ángel Brage, 2 do Ciclo de Lied, un da OSGA e a ópera 'A voz humana'.

 

Por que abonarse?

Facerte abonado/a significa que terás un desconto no prezo dos concertos (15% no trimestral, 25% do anual e 50% no especial) e a túa butaca favorita gardada para ti! Ademais, se ti non podes vir, sempre podes prestarlle a tarxeta a alguén para que non quede a butaca baleira. Todo son vantaxes!

 

Cando e onde?

Podes facerte abonado/a os días 20, 21, 22 e 23 de setembro no despacho de billetes do Auditorio de Galicia (de 11 a 14 h) ou na Zona C (na Praza de Cervantes) de 11 a 14 h e de 16 a 19 h.

 

Toda a información

Podes consultar todos os concertos aos que poderás asistir no noso programa que podes descargar AQUÍ. Tes os prezos e todas as condicións dos abonos nas páxinas 28 e 29.

Entradas: 
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. De 11 a 14 h. Tel.: 981 571 026
Funcións: 
Martes, 20 Setembro, 2022 a Venres, 23 Setembro, 2022