EXPLORA 5

DATOS BÁSICOS

Obras de calquera xénero e de calquera nacionalidade. Sección centrada na procura de novas caligrafías fílmicas. Pezas dificilmente catalogables nun xénero que dilúen a idea tradicional do cinema mediante a exploración de sendas innovadoras, próximas á videoarte, o documental ou o cinema de vangarda.

 

SOL NEGRO

Maureen Fazendeiro | 2019 | 07:08 | Portugal | EXP | COR, B&N

Unha ollada ao eclipe solar do 20 de marzo do 2015 en Lisboa. Unha carta de outra parte fala da vida nun territorio distante.

 

PAST PERFECT

PASADO PERFECTO

Jorge Jácome | 2019 | 23:00 | Portugal | FIC | COR

Moitas cidades ou países teñen un malestar distintivo. Son lugares como podería ser Portugal, tan afundido nun doloroso anhelo polo pasado, e onde cada tensión do presente e solo a punta dun iceberg que se ve explicado en sucesivas retiradas que poden ir directamente á orixe das especies, como mínimo.

 

IT HAS TO BE LIVED ONCE AND DREAMED TWICE

HAI QUE VIVILO UNHA VEZ E SOÑALO DÚAS

Rainer Kohlberger | 2019 | 28:00 | Austria | EXP | COR

A base deste traballo está constituída por imaxes escintilantes e escenas dixitais fantasmas nas que superficies de auga e paisaxes son vagamente discernibles mentres figuras sombrías aparecen e desaparecen: afines ao cinema, os fantasmas da máquina fan as súas rondas perpetuas e serven como un recordatorio distante dos seres humanos desaparecidos. As abstraccións permutantes de Kohlberg proporcionan texturas caleidoscópicas e xeroglíficas e crean a impresión de paisaxes tóxicas. O espectador viaxa por cultivos celulares ou nebulosas estelares, por microcosmos que parecen ser un reflexo do macrocosmos: o universo.

Entradas: 

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h. Semana do festival de 16:30 a 23:00h. Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día. Teléfono: 981 542 349

Funcións: 
Venres, 4 Outubro, 2019
20:15
Teatro Principal