Obras de calquera xénero e de calquera nacionalidade. Sección centrada na procura de novas caligrafías fílmicas. Pezas dificilmente catalogables nun xénero que dilúen a idea tradicional do cinema mediante a exploración de sendas innovadoras, próximas á videoarte, o documental ou o cinema de vangarda.
THIS ACTION LIES
ESTA ACCIÓN MINTE
James N. Kienitz Wilkins | 2018 | 32:00 | EUA | EXP, DOC | B&N
Unha especie de apoloxía polifónica e de poliestireno.
A polyphonic, polystyrene sort of apology.
Estrea en España
ALTIPLANO
Malena Szlam | 2018 | 15:30 | Chile, Argentina, Canadá | EXP, DOC | COR
Filmada na Cordilleira dos Andes, nos territorios atacameño, aymara e calchaquí-diaguita no norte de Chile e no noroeste arxentino, ALTIPLANO desenvólvese nun universo xeolóxico de salares ancestrais, desertos volcánicos e lagos coloridos. Fusionando a terra co ceo, o día coa noite, o latexar coa montaña e o mineral coa nube iridescente, ALTIPLANO revela unha paisaxe vibrante na que un sol azul escintilante ameaza con eclipsar unha lúa vermello sangue.
LA BALA DE SANDOVAL
A BALA DE SANDOVAL
Jean-Jacques Martinod | 2019 | 18:00 | Ecuador | EXP, DOC | COR, B&N
Isidro deambula polo bosque tropical mentres el e o seu irmán lembran as veces que se atopou coa morte cara a cara.
Estrea en Galicia