EXPLORA 1

DATOS BÁSICOS

CURTOCIRCUÍTO 2022

EXPLORA 1

Obras de calquera xénero e de calquera nacionalidade. Sección centrada na procura de novas caligrafías fílmicas. Pezas dificilmente catalogables nun xénero que dilúen a idea tradicional do cinema mediante a exploración de sendas innovadoras, próximas á videoarte, o documental ou o cinema de vangarda.

O sacrificio rutineiro da devoción

Eva Giolo | 2022 | 12:00 | Bélxica, Italia | DOC | COR

Unha película construída a partir dun xogo de azar e unha colección de encontros en talleres e fogares da cidade de Roma. As ferramentas empuxan enerxía cara fóra; ferramentas que tamén traen enerxía ao fogar, onde os xestos son contedores que se derraman sempre. Aínda que os protagonistas nunca aparecen xuntos, únenos as súas accións: o significado transmítese a través do movemento e o son asociado ao mesmo, formando lentamente unha exploración visual do físico. O sacrificio rutineiro da devoción convida a reflexionar sobre o proceso de fabricación, a perspectiva da maternidade, as incertezas da creación, o equilibrio e a composición.

Estrea en España

Laika

Deborah Stratman | 2021 | 04:33 | EEUU | EXP| COR

Hai formas que só se poden coñecer pola súa sombra. En homenaxe aos espíritos dos cadelos astronautas que foron lanzados ao espazo, ou a calquera ser utilizado no nome do progreso. Este vídeo foi feito por invitación da compositora Olivia Block para o lanzamento do seu álbum Innocent Passage in the Territorial Sea (Room40).

Estrea en Galicia

Constante

Sasha Litvintseva, Beny Wagner | 2022 | 39:45 | Reino Unido, Alemaña | EXP, DOC | COR

Constante é unha viaxe a través da historia social e política das medicións. Durante a maior parte da historia, o corpo humano tomouse como a medida de todas as cousas. Constante pregunta sobre que foi o que levou ás medicións a prescindir do corpo e a converterse nunha ciencia. O filme explora tres cambios na historia da estandarización das medidas, dende a agrimensura que impulsou a privatización da terra na Europa moderna, pasando pola Revolución Métrica apoiada pola Revolución Francesa, ata a desmaterialización conceptual da medición na idade contemporánea da industria científica. Cada capítulo trata a relación da estandarización das medidas coas ideas de igualitarismo, axencia, xustiza e poder. Estas imaxes cinematográficas, produtos orixinalmente destes sistemas de medición, adquiren un novo significado e ilustran a resistencia da vivencia fronte ás abstraccións simbólicas.

Estrea en España

Ventá do inferno

Pedro Maia | 2022 | 15:46 | Portugal | EXP | COR, B&N

A través dos nosos ollos, o universo percíbese a si mesmo. A través dos nosos oídos, o universo escoita as súas mesmas harmonías. Somos as testemuñas a través das cales o universo toma conciencia da súa gloria, da súa magnificencia.

Duración: 
72 min
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. Os días de festival, desde 1 h antes do comezo da primeira sesión ata o comezo da última sesión. Tel.: 981 542 349

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Funcións: 
Luns, 3 Outubro, 2022
19:00
Teatro Principal