CURTOCIRCUITO 2021
Obras de calquera xénero e de calquera nacionalidade. Sección centrada na procura de novas caligrafías fílmicas. Pezas dificilmente catalogables nun xénero que dilúen a idea tradicional do cinema mediante a exploración de sendas innovadoras, próximas á videoarte, o documental ou o cinema de vangarda.
Minimal Sway While Starting My Way Up
Stéphanie Lagarde | 2021 | 15:39 | Países Baixos | EXP | COR
A medida que un ascensor intelixente vai descubrindo o mundo, coñecemos os vencellos invisibles entre as alturas extremas (a megatorre: obxecto especulativo e símbolo da dominación social, cultural e económica) e as profundidades extremas (a mina profunda: lugar de extracción de riquezas naturais e de explotación colonial). Mentres as dúbidas, os medos e os desexos se funden na conciencia do ascensor, a existencia convértese nunha batalla que cómpre xustificar.
Dissolution Prologue (Extended Version)
Siegfried A. Fruhauf | 2020 | 06:00 | Austria | EXP | COR
O principio reitor conduce a cuestións adicionais en canto ás limitacións do medio e, como suxire o título, á súa disolución. Metaforicamente, isto concirne á idea do pano como emblema do cinematográfico e o seu veo de ilusión que nunca se pecha de forma categórica, senón que se abre sen cesar.
The Detection of Faint Companions
Sandro Aguilar | 2021 | 08:35 | Portugal | EXP | COR
Lúa chea, interior: talvez non estea só.
ROTOЯ | Sonic Body
NO1 (Peter Kutin, Patrik Lechner, Mathias Lenz) | 2020 | 13:00 | Austria | EXP | COR
ROTOЯ | Sonic Body é a obra multimedia do colectivo de artistas NO1 (Peter Kutin, Patrik Lechner, Mathias Lenz). No centro do vídeo atópase a escultura do mesmo nome, o rotor, un corpo sónico en forma de altofalante que xira ao redor do seu propio eixe a diferentes velocidades cambiantes. Nos altofalantes resoa unha composición minimalista cuxos sons se modulan segundo a velocidade de rotación.
Figure Minus Fact
Lynne Sachs | 2020 | 13:00 | EEUU | EXP | COR
En 1998, Barbara Hammer fixo unha residencia artística sen auga nin electricidade. En 2018, comezou o seu propio proceso cara á morte. Deulle o material resultado da residencia a Lynne Sachs, quen explorou a experiencia de soidade de Barbara. Lynne pon texto sobre a pantalla a modo de confrontación co cine somático, reuníndonos a todos en múltiples espazos e tempos.