'ESTRELA DO DÍA'

DATOS BÁSICOS

PRODUCIÓNS TEATRAIS EXCÉNTRICAS

EscenaGZ

DerivasePeregrinaxes

Idade recomendada: adultos

Lingua: galego

'Estrela do día' virá alumar os nosos corazóns con toda a divina parafernalia do teatro: a música e a comedia, a sorpresa e a cor, a emoción e a fortaleza. En definitiva, a invención dun novo mundo diante dos nosos ollos. Unha visión actualizada dos milagres de santa María aplicados aos problemas actuais (asombrosamente parecidos aos daquel século XIII) Volverán a desfilar diante dos nosos ollos, neste retablo do século XX, os soldados que foxen da guerra, a mociña obrigada a casar con quen non quere, os que expulsados dos seus lares son amoreados como gando, os presos por roubar comida, a monxa que foxe do convento, o que cansado deste mundo quere vivir noutro sen morrer, o que perde unha pelota e daría o que ten para seguir xogando, a que foxe da manda de brutos que a acosan, os que perden a compaña do animal que prefiren a calquera humano, a que procura a curación da enfermidade mortal... Dramas resoltos pola intervención milagreira de María con aparicións dignas da mellor vedette de varietés.

Autor: Quico Cadaval

Dirección: Marcos PTT Carballido

Escenografía: Laura Iturralde

Deseño son: Nacho Muñoz

Deseño iluminación: Laura Iturralde

Vestiario: Uxía Vaello

Música: Piti Sanz

Elenco artístico: Patricia Vázquez, Víctor Mosqueira, Rocío González, Evaristo Calvo

 

Web da compañía: excentricas.net

Duración: 
90 min
Entradas: 

VENDA DE ENTRADAS EN LIÑA: LUNS DA SEMANA DO EVENTO_10.00 H

12 euros
* Descontos do 50% para colectivos habituais

- Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. Aberto de martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Domingos de 11 a 14 h (Luns pechado). Teléfono 981 542 462

- Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto o día do espectáculo desde 1h antes do comezo do mesmo. Teléfono: 981 542 349

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Xoves, 3 Xuño, 2021
20:30
Teatro Principal
Venres, 4 Xuño, 2021
20:30
Teatro Principal