ESTREA DE 'NINA NINETTE' DE TRASPEDIANTE

DATOS BÁSICOS

EscenaGZ

EnFamilia

TerritoriodasMulleres

CelebremososCorpos

Idade recomendada: infantil a partir de 3 anos

Duración: 55 min

Lingua: galego

Nina, valente e alegre a partes iguais, atopa unhas flores moi especiais que a levan a descubrir un mundo fantástico, habitado por seres máxicos, poderosos e divertidos. Todo é tan diferente, tan brillante, tan fermoso! Mais Nina sinte a falta do seu fogar e decide marchar. A cuestión é que ese mundo é un labirinto e como todos os labirintos, é moi doado entrar pero ben complicado saír. Será que ela o consegue?

Nina Ninette é un conto iniciático, que se inspira na estética do Ballet Triádico celebrando o centenario da súa estrea, para danzar unha historia de beleza e rebeldía.

María Torres (compañía Elefante Elegante) e Marta Alonso e Paula Quintas (trasPediante) forman un equipo de creación para a peza iniciada a partir da estética do Ballet Triádico de Oskar Schlemmer -Bauhaus- do 1921.

Autoría e dirección: María Torres

Coreografía: Marta Alonso Tejada e Paula Quintas

Elenco: Marta Alonso Tejada, Paula Quintas e Carlota Mosquera

Escenografía: Gonçalo Guerreiro

Música orixinal: Alex Salgueiro

Vestiario: Diego Valeiras

Iluminación: Nacho Martín

Atrezzo: trasPediante

Distribución: Manu Lago

Produción: trasPediante

Axuda á creación de Agadic (Xacobeo 2021 - Xunta de Galicia)

 

trasPediante
É un proxecto artístico galego integrado por Marta Alonso Tejada, Paula Quintas e Begoña Cuquejo que combina o traballo de compañía ca xestión cultural, con proxectos como o Festival Corpo(a)terra, o programa de formación Enxebre Danza ou o Adestramento profesional en danza contemporánea en Santiago de Compostela.

Web da compañía: www.traspediante.com

 

Duración: 
55 min
Entradas: 

VENDA DE ENTRADAS EN LIÑA: LUNS DA SEMANA DO EVENTO_10.00 H

4 €

Bono familiar (4 entradas): 12 € (só se vende no despacho de billetes)

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18 a 21 h. Se a función é fóra dese horario, o despacho abrirá unha hora e media antes do seu inicio. Teléfono: 981 542 349

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Domingo, 7 Marzo, 2021
18:30
Teatro Principal