EROSKI PARAÍSO (2019)

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA | PREESTREAS

 

Jorge Coira, Xesús Ron

España / 75 min. / Comedia / Galego, castelán

 

Ficha artística:

Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Cris Iglesias, Fidel Vázquez, Luís Martínez, Ana Santos, Federico Pérez

 

Ficha técnica:

Guión: Chévere

Música: Xavi Font

Fotografía: Lucía Catoira, Fidel Vázquez

 

Sinopse:

Antonio e Eva coñecéronse na discoteca Paraíso en 1989. Esa mesma noite, Eva quedou embarazada e, pasados uns meses, casaron e tiveron a Alejandra. No ano 2019 Alejandra medrou e converteuse nunha prometedora cineasta que regresa á casa para filmar un documental sobre a vida de seus pais. Pero Antonio e Eva agora están divorciados, levan anos sen verse e a vella discoteca onde se coñeceran transformouse nun supermercado Eroski.

Duración: 
1 h 30 min
Entradas: 

Entrada de balde previa retirada de localidades na billeteira do teatro Principal desde dous días antes da proxección e o mesmo día no Auditorio de Galicia desde ás 17:30 h.

Funcións: 
Domingo, 24 Novembro, 2019
19:00
Auditorio de Galicia