FRAN SIEIRA
EscenaGZ
Idade: adultos
Rede Galega de Teatro e Auditorios. AGADIC
EntreSoños é unha obra de baile e música tradicional galega que pon en escena a figura dunha persoa deitada como si nunha cama se tratase inmersa nun profundo soño. Lonxe de conseguilo é invadida por milleiros de pensamentos e inquietudes. Nos seus soños cobra vida esa valentía por conseguir todo o que se propoña, pero tamén as súas debilidades, medos e frustraccións. Esta personaxe deixarase levar por ese duende malo que lle di que se lance ao abismo, que sexa valente e que faga o que o corazón lle pida, pero que a súa consciencia lle impide, e ao mesmo tempo loitará e/ou deixarase guiar por esa voz da templanza, da tranquilidade, esa voz que lle fai ser consciente de que non son máis que soños e non poderán ser máis ca iso. Escenificando deste xeito encrucilladas nas que cada un de nós nos vimos envoltos nalgún momento das nosas vidas. Esas gañas por perseguir os nosos soños e inquietudes e eses medos que nos paralizan e non nos deixan avanzar…
Dirección: Fran Sieira,
Dirección artística: David Vilariño
Bailadores/cantadores: Fran Sieira, Aida Tarrío e Xisco Feijoó
Música e deseño son: Anxo Pintos
Escenografía: Vanesa Hernández
Deseño iluminación: Luis Perdiguero
Vestiario: Alessio Meloni
Web: fransieira.com
Club C!
#POSFUNCIÓN. Ao remate da función do 25 abril os/as convidados/as, persoas con relación coas temáticas tratadas nas pezas, ofrecerán o punto de vista práctico, serán quen contraste o que a obra conta, o que “quere dicir” con como se vive desde a realidade do presente esas mesmas situacións. A partir de aí, o debate estará aberto ao público asistente e aos elencos artísticos.