ENTRE DOS AGUAS

DATOS BÁSICOS

NOTA: Este filme tamén ser poderá ver na Cerimonia de entrega do Premio Cineuropa a Isaki Lacuesta que se celebra o xoves 8, ás 20.15 h, no Teatro Principal. Esa proxección será de balde previa retirada de invitacións no despacho de billetes do Teatro Principal desde o martes 6 ás 15.30 h. Máximo de 2 invitacións por persoa.

SECCIÓN OFICIAL EUROPEA

Dirección: Isaki Lacuesta

España / 2018 / Longametraxe / Ficción / Castelán

Ficha artística

Israel Gómez Romero, Francisco José Gómez Romero, Rocío Rendón, Yolanda Carmona, Daniela, Erika y Manuela Gómez Rendón, Lorrein Galea y Manuel González del Tanago.

Ficha técnica

Guión: Isa Campo, Isaki Lacuesta, Fran Araújo.
Fotografía: Diego Dussuel.
Música: Raül Refree, Kiko Veneno.
Produción: La Termita Films / B-Team Pictures / All Go Movies / Mallerich Films Paco Poch / Bord Cadre Films / Studio Indie Productions.

Sinopse

Isra e Cheíto son dous irmáns xitanos: Isra está na cadea por narcotráfico e Cheíto enrolado na Mariña. Cando Isra sae do cárcere e Cheíto remata unha longa misión que o levou a Somalia e as Seychelles, ambos os dous regresan á Illa de San Fernando. O reencontro dos irmáns renovará a lembranza da morte violenta do seu pai cando eran nenos. Pasaron doce anos desde La leyenda del tiempo, a primeira película de Isaki cos irmáns Isra e Cheíto. Agora Isra ten 26 anos e regresa á Illa de San Fernando para intentar recuperar a súa muller e as súas tres fillas. Pero será posible para Isra sobrevivir de forma legal no lugar con máis paro de España?

Premios

  • Cuncha de Ouro á mellor película no Festival de Cine de San Sebastián 2018.
Duración: 
135 min
Entradas: 

VENTA ANTICIPADA:

  • compostelacultura.gal
  • No Teatro Principal (de 15.30 a 22 h) para todas as proxeccións
  • En NUMAX (de 10 a 14 h e de 16 a 22 h) e en Multicines Compostela (de 16.40 a 22 h) para as proxeccións da propia sala.

VENTA INMEDIATA:

Ata 5 minutos antes do inicio de cada sesión.

  • No Teatro Principal, para as proxeccións de Teatro Principal, Salón Teatro, e Museo das Peregrinacións.
  • En Multicines Compostela e en NUMAX para as proxeccións da propia sala.

PREZO:

  • 4 euros
  • Abono 10 películas: 30 euros
Funcións: 
Luns, 12 Novembro, 2018
20:00
Salón Teatro