REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
Paul Daniel, director
Luis Iglesia, narrador
Coro feminino do Orfeón Terra A Nosa
Abrirase ao público o ensaio xeral do último dos concertos da Temporada de Abono 2018-2019 que será dirixido polo mestre titular Paul Daniel. Contará coa participación do actor Luis Iglesia, como narrador e o Coro feminino do Orfeón Terra a Nosa.
Programa
E. Elgar: Pompa e circunstancia nº 1 en Re M, op. 39
E. Smyth: Marcha das mulleres (himno do movemento sufraxista feminino)
J. Rathbone: Balada da prisión de Reading * (para narrador e orquestra, a partir do poema homónimo de Óscar Wilde)
E. Elgar: Variacións Enigma, op. 36
(*) estrea en España