ENREDADAS: COPLAS E ALALÁS

DATOS BÁSICOS

Este espectáculo nace co fin de promover, fomentar e difundir a arte como encontro; estreitar o coñecemento e a experiencia destas cantoras que revisitan a copla, a jota ou os alalás. Catro mulleres que reinventaron e revolucionaron estes xéneros e lles deron unha nova vida e unha nova visión desde o risco, a experimentación e a creación de novos contidos e arranxos que entroncan co jazz e outras músicas facendo que chegue a outra audiencia.

A afinidadade que senten ven dada polo atrevemento, a solidez e o humor cos que elas enfrontaron este reto. Diríase que son almas xemelgas de universos culturais diferentes, o que fará que o espectáculo sexa unha festa da música de raíz e da irmandade.

O jazz flamenco de Martirio, e a voz atlántica de Uxía, a forza maña de Carmen París e a orixinalidade poética de Ugia Pedreira reúnense para celebrar a madurez artística das catro.

Teñen en común moito máis do que parece a simple vista. Todas loitaron por un labor necesario de reconversión da canción popular española, da copla, do canto telúrico galego, da jota con aires tropicais...

Comparten tamén a creatividade e o compromiso coa música. Son letristas ou amantes da boa poesía, das cancións de onte, de hoxe e de sempre. Rodéanse de grandes músicos e beben directamente da mellor tradición do cancioneiro latinoamericano.

Hai na música de todas elas lixeireza, non exenta de ambición, “jondura” ou beleza. Intercambiarán repertorio e cantarán xuntas nun acto de admiración mutua e de amizade.

O espectáculo amosaranos a catro mulleres que souberon depurarse, reinventarse a si mesmas para ofrecerse reais e verosímiles.

Abordarán musicalmente o repertorio arroupadas polas guitarras de Sérgio Tannus e Marcos Teira, creando texturas ben curiosas entre as cordas que as acompañarán, as voces, as percusións e o piano de Carmen París.

ELENCO

Carmen París: piano e voz

Martirio: voz
Uxía: voz

Ugia Pedreira: voz
Marcos Teira: guitarras

Sérgio Tannus: guitarra española e viola caipira

 

PERSOAL TÉCNICO

Carlos Alonso: escenografía
Arturo Vaquero: técnico de son
Dani Juncal: deseño de iluminación
Marina Carracedo: producción

Duración: 
1 h 40 '
Entradas: 

18 €

(Descontos habituais do 50%).

 

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h. Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día. Teléfono: 981 542 349

Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. Aberto só os días de espectáculo desde 1h 30 min antes do comezo do mesmo. Teléfono 981 571 026

Funcións: 
Sábado, 9 Marzo, 2019
20:30
Auditorio de Galicia