ENCONTRO CON PEDRO COSTA

DATOS BÁSICOS

CURTOCIRCUÍTO 2022

ENCONTRO CON PEDRO COSTA

Pedro Costa é un explorador. Non un explorador grandilocuente como Werner Herzog ou John Ford. Pedro Costa explora o territorio deténdose nos detalles, na intimidade. Cada unha das súas películas supón unha evolución da anterior, expande a súa linguaxe e, a través de el, explora a súa relación co próximi y consigo mesmo.

A elección de Pedro Costa, que xa visitou Santiago hai anos tanto para presentar o seu filme Cavalo Dinheiro como para visitar outros festivais da cidade, non é casual. Ao contrario, esa característica fundamental do seu cine, no que cada obra nútrese da realidade e deixa que a vida permeabilice en cada película, é quizais un dos preceptos que máis nos interesan en Curtocircuíto, porque aí, na difusa liña entre o real e a ficción, está o lugar onde nace a poesía.

Entradas: 

De balde, previa inscrición en curtocircuito.org

Funcións: 
Sábado, 8 Outubro, 2022
12:00
Museo das Peregrinacións