ENCONTRO CON MARÍA HERREROS. COMPOSTELA ILUSTRADA

DATOS BÁSICOS

Dentro da programación de Compostela Ilustrada edición verán organízase un encontro coa ilustradora María Herreros, entrevistada por Mercedes Corbillón na Librería Cronopios, baixo o título de "Coñecendo a María Herreros".
María Herreros é unha artista residente en Barcelona que desenvolve proxectos que van da ilustración e o mural a unha obra persoal en pintura, a través da que expresa o máis instintivo do ser humano, cun estilo característico que oscila entre a beleza e o grotesco.

Duración: 
1h
Entradas: 

Actividade gratuíta, previa inscrición na páxina edicionveran.compostelailustrada.com

Funcións: 
Venres, 7 Agosto, 2020
16:30
Librería Cronopios