EMBALOS NEOFOLK: CONCERTO PARA BEBÉS DE PAULO LAMEIRO

DATOS BÁSICOS

AVISO: As entradas adquírense por unidade familiar. Seleccionas unha entrada e despois elixes se a túa unidade familiar ten 2, 3 ou 4 persoas. (O prezo é de 8 € para a unidade familiar de 2 persoas e de 12 € para a de 3 ou 4 persoas)

 

Dentro do ciclo PorVezPrimeira

EscenaGZ

EnFamilia

Idade recomendada: de 0 a 3 anos

Duración: 45 min

A actividade será cos espectadores no escenario doa sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia

Bábabai

Babábabai bailemos

Cando somos bebés, e ainda non nacemos, xa bailamos. Bailamos nun líquido amniótico quentiño que se balancea ao sabor da respiración e dos pasos de nosa nai. Despois cando nacemos, das memorias felices nace unha necesidade de continuar a bailar. Por iso as nosas nais nos abanean para calmar e adormecer. E nun ápice, os nosos pais descobren que comezamos a bailar así que ouvimos unha música un pouco máis rítmica. Neste concerto imos bailar con músicas antigas do tempo intrauterino, mais tamén con novos sons que apelan a outras danzas.

Biabába

Bailemos

Alberto Roque: saxofón barítono e ocarina

José Lopes: saxofón alto, soprano e “cavaquinho”

Pedro Santos: acordeón

Inesa Markava: voz e movemento

Cristiana Francisco: voz

Paulo Lameiro: voz e dirección

Duración: 
45 min
Entradas: 

VENDA DE ENTRADAS EN LIÑA: LUNS DA SEMANA DO EVENTO_10.00 H

AVISO: As entradas adquírense por unidade familiar. Seleccionas unha entrada e despois elixes se a túa unidade familiar ten 2, 3 ou 4 persoas. (O prezo é de 8 € para a unidade familiar de 2 persoas e de 12 € para a de 3 ou 4 persoas)

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18 a 21 h. Se a función é fóra dese horario, o despacho abrirá unha hora e media antes do seu inicio. Teléfono: 981 542 349

Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. Aberto só o día do espectáculo desde 1h 30 min antes do comezo do mesmo. Teléfono 981 571 026

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Domingo, 2 Maio, 2021
11:00
Auditorio de Galicia
Domingo, 2 Maio, 2021
12:30
Auditorio de Galicia