EM·NA

DATOS BÁSICOS

COLECTIVO GLOVO

CelebremososCorpos

EscenaGZ

TerritoriodasMulleres

Idade recomendada: adultos

 

“Onde comeza o noso toque, estamos.

Estou.

Estás.

Estamos?

É unha ocupación da realidade, unha conquista.

Procura os rostros coñecidos.

Titubeas carente de roce e aceptas, en ocasións sen suceso.

O corpo habitado.

O corpo enigma.”

A peza EM·NA baséase na idea da vibración coma elemento manipulador. É unha investigación sobre a “acústica subcutánea” a través da vibración e do silencio resultante no corpo do outro. A relación entre os intérpretes pasa por diferentes estados: comprimindo, estirando, cambiando o ritmo da súa propia vibración, e todo isto partindo da súa fisicalidade individual.

A composición escénica dos corpos mostra os diferentes estados e espazos dunha mesma vibración a través dunha fisicalidade contemporánea, espida, crúa e cotiá. A forte presenza do mundo e espírito xaponés crea unha estética chea de detalles significativos e contundentes.

A duración de cada movemento e acción case parece a dun pensamento, propósito ou reflexión. A peza busca por tanto entretecer a orde, o caos, a pasividade e o eco da mente proxectado no corpo cambiante. Un “momentum” sobre o tan chea e desbordada que está a mente humana e a necesidade do silencio. EM·NA profundiza na nosa realidade animal, instintiva e intuitiva. EM·NA fala do que o corpo entende. Auto-piratería.

Corpo sensible

Corpo casa

Corpo enigma

Corpo social

Corpo habitado

 

Creación e interpretación: Esther Latorre e Hugo Pereira

Espazo sonoro: BabyKatze

Video: Adrián González e Manu Lago

Fotografía: Chus Varela e Manu Lago

Deseño gráfico e web: Manu Lago

Deseño de imaxe: Marcia Vázquez

Vestiario: Jandro Villa

Co apoio de: Teatro Ensalle, Galicia Danza Contemporánea, Agadic · Xacobeo 21 · Xunta de Galicia, INAEM · Ministerio de Cultura · Gobierno de España e Concello Lugo e a colaboración da Escola Palimoco

 

Web da compañía: Colectivo Glovo

Duración: 
50 min
Entradas: 

VENDA DE ENTRADAS EN LIÑA: LUNS DA SEMANA DO EVENTO_10.00 H

10 euros

* Descontos do 50% para colectivos habituais

- Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. Aberto de martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Domingos de 11 a 14 h (Luns pechado). Teléfono 981 542 462

- Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto o día do espectáculo desde 1h antes do comezo do mesmo. Teléfono: 981 542 349

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Sábado, 22 Maio, 2021
20:30
Teatro Principal