'ELISA E MARCELA' DE A PANADARÍA

DATOS BÁSICOS

Espectáculo de fin de xira

Idade recomendada: > 12 anos

Duración: 75 min

Lingua: galego

[RECOMENDADA POR COMISIONES ARTÍSTICAS DE LA RED. MINISTERIO DE CULTURA Y DEPORTE]

Ano 1901, A Coruña. Dúas mulleres casan na Igrexa de San Xurxo, unha delas vestida de home. Unha historia de persecucións policiais, fuxidas en dilixencia, cambios de identidade e información manipuladas.

As cómicas de A Panadaría presentan unha reconstrución irreverente dun suceso real. Unha comedia musical onde o verídico parece invento. Elisa e Marcela é unha historia de amor a contratempo.

Con esta montaxe reciben 4 premios María Casares (entre os que se atopa Mellor Espectáculo); o premio Luísa Villalta para Iniciativas Culturais pola Igualdade, o XIV Premio LGBT Marcela e Elisa do Colectivo ALAS, o Premio do Público na MIT de Ribadavia 2018, o Premio do Público no FETEGA do Carballiño 2018, o Premio á Mellor Actriz ex-aequo (Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman) no FETEGA do Carballiño 2018, o Premio Las horas do 22FCG de Extremadura 2019, o Premio Begoña Caamaño Cultura pola igualdade 2020 e o Premio Pluma da FELGTB 2021. Celebraremos o peche dun dos fitos teatrais da década con esta especial función no Teatro Principal.

Ficha artística

Creación e Interpretación: Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman
Dirección: Gena Baamonde
Texto: A Panadaría e Gena Baamonde
Música orixinal: Ailén Kendelman
Iluminación: Laura Iturralde e Montse Piñeiro
Vestiario: Fanibell
Deseño soporte: Beatriz de Vega
Construción soporte e tea: CDG
Imaxe gráfica: Noelia Castro
Fotografía: Pilar Abades
Vídeo: Alex Penabade
Asesoría en Canto: Marión Sarmiento
Produción: Ailén Kendelman
Axudantía produción: Liza G. Suárez

© Fotografía: MARCOSGPUNTO

Duración: 
75 min
Entradas: 

“Ola, son lesbiana”

A primeira persoa en chegar ao despacho de billetes, no propio día da función, e dicir  “Ola, son lesbiana” terá dous convites para ver o espectáculo.

____

12 euros

  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 542 349
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Funcións: 
Mércores, 21 Xuño, 2023
20:30
Teatro Principal