EL TIEMPO PERDIDO (2020)

DATOS BÁSICOS

SECCIÓN PARALELA LATIDOAMERICANO

María Álvarez

Arxentina / 102 min / Documental / Español

Ficha técnica

Guión: Álvarez

Fotografía: Tirso Diaz-Jares Rueda, Álvarez

Edición: María Alvarez

Produción: Tirso Diaz-Jares Rueda, Álvarez

Un grupo de persoas reúnese desde hai dezaoito anos, nun bar de Bos Aires, a ler unha e outra vez o mesmo libro: En busca do tempo perdido de Marcel Proust. Atravesando as súas lembranzas e emocións, con gran sentido do humor, o grupo dálle á novela un significado novo e persoal.

Rexistrando durante case tres anos o día a día dun emblemático bar de Bos Aires que xa non existe, María Álvarez retratou a un grupo de persoas que se reuníu durante case vinte anos para compartir a arte cos demais. Nese marabilloso acto de resistencia que fai trascender á mesma película, asistimos a unha lectura completa da obra de Proust, ao tempo que se van desvelando as ricas dinámicas internas do grupo.

María Álvarez

(Bos Aires, Arxentina, 1976)

Escritora e cineasta. Actualmente está a realizar Las cercanas, última parte da súa triloxía documental sobre o tempo e a arte. Esta triloxía comezou con Las cinéphilas (2017), proxectada en 40 festivales en 20 países, incluído Cineuropa, e continúa con El tiempo perdido (2020), película que obtivo o premio á mellor longametraxe na competencia arxentina do Festival de Mar del Plata.

Duración: 
102
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Zona C. Punto de Información Cultural: de martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Domingos de 11 a 14 h. Tel.: 981 542 462
  • Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai proxección fóra deste horario, o despacho de billetes abre media hora antes do inicio). Tel.: 981 542 349
  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14 h e de 16 a 20.30 h. Martes de 16 a 20.30 h. (Se hai proxección fóra deste horario, o despacho de billetes abre 10 minutos antes do inicio)
  • Multicines Compostela: desde as 17.00 h ata a hora de inicio do último filme. (Se hai proxección fóra deste horario, o despacho de billetes abre media hora antes do inicio).
  • Auditorio de Galicia e Museo das Peregrinacións: desde media hora antes do inicio de cada proxección.

PRÉGASE O USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Xoves, 18 Novembro, 2021
17:15
Multicines Compostela
Sábado, 20 Novembro, 2021
17:00
Auditorio de Galicia